Profesional de Arquitectos en Santiago de Compostela
Miguel serrano gomez é un arquitecto-urbanista. Dedícome a redactar proyectos e a dirixir obras de novos edificios e de rehabilitación. Estou especialmente interesado na construcción de vivendas unifamiliares e a rehabilitación de vivendas rurais. Fago tasacións inmobiliarias e urbanísticas, para herdanzas, compras e outras necesidades. Ademáis redacto planos urbanísticos e de urbanización, realizo informes periciais e para licencias de apertura de actividades. Son especialista en eficiencia enerxética, bioconstrucción, urbanismos sostible, e consultor en temas de eficiencia enerxética, arquitectura bioclimática ye urbanismo sostible. A miña proposta é axudar aos promotores a plasmar as súas ideas dun xeito eficaz e eficiente, e asi poder construir a mellor vivenda, ou o mellor negocio posible, en función das posibilidades.
Detalles del proyecto:
Construcción de escola infantil en Bertamiráns
Fotografía 2 de 5
A escola infantil constitúe un único edificio que alberga todas as dependencias. O edificio esta resolto nunha única planta e confórmase en torno a un espazo central polivalente. A este espazo abren o resto dos locais da escola. Este espazo é o que xera o volume de maior altura. Despois e pegado a este atópase a cruxia das aulas, con catro aulas a un mesmo nivel e outra, a de bebes, cun pequeno recuado e colocada de tope do espazo central, polo seu diferente uso. O outro volume fórmao a cruxía de servizo, onde se atopan os demais usos: administración e profesorado, cociña-comedor, e as instalacións do edificio. O acceso prodúcese a través dun vestíbulo totalmente acristalado que penetra directamente no espazo central. Dende este vestíbulo accédese ao espazo central e por unha porta secundaria á cruxía de servizos e ao cuarto de aparcas as cadeiras. Dende este espazo accédese a cada unha das aulas coa que existe unha comunicación física de acceso e outra visual a través dunha gran ventá, e directamente á cruxía de servizos e ao comedor. Este espazo ten unha saída posterior ao futuro patio traseiro. O espazo central esta iluminado a través dos dous accesos acritalados e dunha liña de ventás sobre a cruxía de aulas orientada ao sur e protexida con lamas de madeira. As aulas son espazos pareados, e unidos polos aseos dos nenos que dan servizo a dúas aulas cada un. Teñen saída directa ao patio a través dun gran ventanal orientado ao sur e protexido por un voo. A zona de servizo distribúese a través dun corredor que corre paralelo ao espazo central comunicado visualmente con este a través dunha cristaleira corrida. A este corredor dan todas as dependencias de servizo. Como tope deste corredor esta o conxunto cociña-comedor que ocupa todo o ancho. Existe unha entrada de servizo ao edificio. A través desta á, que conecta co corredor que a distribúe.
- Año de finalización:
- 1999
- Superficie:
- 830 m2
- Presupuesto:
- 462.000 €
Detalles de la fotografía:
- Etiquetas:
- construcción · construcción casas · construir edificio
- habitissimo
- fotos
- foto: escola infantil 5 de miguel serrano gomez #312492