Profesional de Arquitectos en Santiago de Compostela
Miguel serrano gomez é un arquitecto-urbanista. Dedícome a redactar proyectos e a dirixir obras de novos edificios e de rehabilitación. Estou especialmente interesado na construcción de vivendas unifamiliares e a rehabilitación de vivendas rurais. Fago tasacións inmobiliarias e urbanísticas, para herdanzas, compras e outras necesidades. Ademáis redacto planos urbanísticos e de urbanización, realizo informes periciais e para licencias de apertura de actividades. Son especialista en eficiencia enerxética, bioconstrucción, urbanismos sostible, e consultor en temas de eficiencia enerxética, arquitectura bioclimática ye urbanismo sostible. A miña proposta é axudar aos promotores a plasmar as súas ideas dun xeito eficaz e eficiente, e asi poder construir a mellor vivenda, ou o mellor negocio posible, en función das posibilidades.
Detalles del proyecto:
Rehabilitación de vivenda en Muros
Fotografía 3 de 6
O proxecto tráta da rehabilitación para dedicar a vivenda, dun edificio que se sitúa no casco histórico da vila de muros, nunha rúa consolidada pola edificación. O edificio da fronte a rúa, e ten medianeira compartida nos dous lados. Pol parte traseira está algo soterrada dado o desnivel da zona, por a horta do veciño ata unha profundidade de uns 4 m. Deste xeito a vivenda soamente ten alumeado natural pola fachada á rúa, e pola cuberta. A vivenda desenvolvese en dúas plantas, a de acceso divídese en dúas partes por un muro de cantaría:o acceso a escaleira para o piso de arriba, e un espacio único que ocupa a meirande parte da planta que servía para almacén de apeiros. A planta alta ten máis fondo que a planta baixa pola dificultade que tiña a escavación na rocha na planta baixa. A intervención atopase coa dificultada da iluminación, xa que solo ten contacto co exterior pola fachada á rúa. Esta obtense dende a cuberta, cunha ventá na mesma para cada espacio habitable na planta alta, e una pensada para iluminar a cociña da planta baixa, resolvendo parte do forxado de división coa planta de arriba cun vidro estadip translúcido. Mantense os muros de pedra existente: todo o envolvente do volume e o muro interior da planta baixa, que serven de estructura vertical do edificio. A estructura horizontal resolvese con madeira laminada tanto para a cuberta como para o forxado, quedando vista. A tabiquería é en seco con pranchas de cartón-xeso igual que o trasdosado dos muros medianeiros.
- Año de finalización:
- 2011
- Superficie:
- 140 m2
- Presupuesto:
- 62.000 €
Detalles de la fotografía:
- Etiquetas:
- reformas viviendas · reformas · rehabilitación vivenda
- habitissimo
- fotos
- foto: vivenda en muros 5 de miguel serrano gomez #312458